Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Actividade Duración Carácter Descrición
Seminarios Semanais de Investigación das Institucións 60 horas Obrigatorio

Os nosos doutorandos deberán participar nun deses seminarios de investigación básica, translacional ou clínica cada semana (2 horas por seminario incluíndo presentación e discusión) que non están relacionados directamente coa súa investigación, durante polo menos 30 semanas durante o período de doutoramento ao longo dos tres anos).

Os estudantes matriculados a tempo parcial poderán realizar a asistencia aos 30 seminarios en 5 anos.

Participación en eventos das Sociedades de Endocrinoloxía ou Consorcios Internacionais 60 horas Obrigatorio os doutorandos deberán participar mediante póster ou comunicación oral nun mínimo de tres eventos rexionais (por exemplo da SGENM) ou nacionais (SEEN, SEDO, SEDE, SENPE ou sociedades similares en Bioloxía Celular, Bioquímica ou Oncoloxía) durante os tres anos de formación doutoral. Á súa vez, tamén deberán participar mediante póster ou comunicación oral en polo menos un evento internacional durante eses tres anos, organizado pola ESE, a ESPE, a EASD, a SfE, a ENDO, a ISE ou sociedades científicas internacionais similares en Bioquímica, Bioloxía Celular ou Molecular, Oncoloxía etc...
Seminarios de novas tecnoloxías e/o novos fármacos organizados en colaboración coa industria 30 horas Obrigatorio Os doutorandos do noso programa deberán participar en polo menos un seminario tecnolóxico (formación transversal) durante os 3 anos de período de doutoramento. Aqueles alumnos matriculados a tempo parcial dispoñerán de 5 anos para a rezalización desta actividade.
Discusión semanal dos seus resultados de investigación dentro do seu grupo de investigación 180 horas Obrigatorio Os resultados obtidos nos seus experimentos preliminares polo menos durante dúas horas cada semana durante polo menos 30 semanas ao ano durante os tres anos do período de formación. Este tempo poderá ser continuo ou distribuído en segmentos temporais ao longo da semana. Os alumnos matriculados a tempo parcial terán 5 anos para a realización desta actividade.
Presentación anual dos seus resultados de investigación 30 horas Obrigatorio Os doutorandos deberán facer un balance anual dos resultados obtidos e presentalos oralmente aos membros da súa liña de investigación. O idioma da presentación poderá ser elixido polo director das súas teses pero recoméndase que sexa o inglés.
Cursos Acreditados de Formación complementaria 40 horas Obrigatorio

A formación dun científico non pode estar afastada da capacitación legal para exercer a profesión. Nos tempos recentes, un conxunto de normativas regulan a capacidade para operar en instalacións complexas como instlaciones radioactivas, instalacións de animalarios SPF, instalacións de infeccións virales SP2, ou instalacións de RMN ou de proteómica e o manexo complexo de sistemas estatísticos e programas de biomatemáticas.

Entre estes cursos podemos listar:
  • Curso de Operador de instalacións radioactivas (obtención da certicación legal requirida)
  • Curso de Manexo de Animais de Experimentación (obtención da certificación legal requirida)
  • Cursos de Bioestadística aplicada á Biomedicina e/o ao deseño de ensaios clínicos internacionais rexistrados
  • Cursos de Posgrao para MIR organizados pola Sociedade Española de Endocrinoloxía Nutrición e Metabolismo, postgraduate Clinical Course in Endocrinology organizado pola Sociedade Europea de Endocrinoloxía (ESE), postgraduate Clinical Course organizado pola Society for Endocrinology (UK) ou pola ENDO (USA). Outros cursos de posgrado organizados polas Sociedades nacionais de Diabetes SEDE, EASD, de Obesidade (SEDO, ESO) de Endocrinoloxía Pediatría (ESPE, SENPE), de Neuroendocrinología ENEA etc...
  • Bregenz Summer School for Basic Endcorinology (ESE)
  • Hormones and signaling Summer Symposia Mt St Odile
  • Workshops e Symposia organizados pola EMBO (European Molecular Biology Organization)
  • Outros cursos de verán e simposia internacionais organizados por profesores do programa dentro das nosas universidades (USC, UVIGO) ou en colaboración coa industria farmacéutica