Perfil de ingreso
De forma xeral os estudos de mestrado que permitirán o ingreso a este programa de doutoramento sen complementos de formación son: Máster en Biotecnoloxía Avanzada, Máster en Neurociencia e Máster en Nutrición.
A súa vez os BIR, QIR, FIR ou PIR hospitalarios que teñan superado o segundo curso de formación especializada.
Criterios de admisión
A CAPD revisará todas as solicitudes e seleccionará as que cumplan cos requisitos especificados e sexan valoradas positivamente.
A valoración realizaráse de acuerdo ao seguinte baremo:
- Preacordo de titorización (e no seu caso tras entrevista persoal): ata 6 puntos
- Proxecto de Investigación según necesidades de distribución entre as Liñas de Investigación: ata 2 puntos
- Valoración do expediente e curriculo: ata 2 puntos
Para ser admitidos no Programa, os candidatos deben obter polo menos 5 puntos na valoración.
Procedemento de admisión
O estudantado que reúna os requisitos de acceso e admisión especificados e foran valorados positivamente pola CAPD, poderán solicitar a admisión no programa de doutoramento, para o cal se establecerá un prazo de inscripión. Dita solicitude presentaráse no lugar que sinale a convocatoria.
Finalizado o prazo, a CAPD publicará a relación provisional de alumnos admitidos, coa súa correspondente lista de agarda, de acordo cos criterios de selección establecidos para o programa.
Os aspirantes non admitidos poderán presentar unha reclamación no prazo e forma establecidos na correspondente convocatoria.
Transcurrido o prazo de reclamacións e resoltas éstas, remitiráse a relación de alumnos admitidos ao órgano de xestión de alumnos correspondente, a efectos de poder formalizar a súa matrícula no prazo que se sinala. De non formalizar a súa matrícula, o solicitante decaerá nos seus dereitos.