Programa de Doutoramento en Endocrinoloxía
O Programa de Doutoramento en Endocrinoloxía impartese de forma ininterrumpida desde o ano 1988. Obtivo a mención de calidade do MEC desde a súa implantación en 2003 e a Mención cara á Excelencia: MEE2011-0083 (Resolución de 6 de outubro de 2011, BOE-A-2011-16518, de acordo coa convocatoria para a concesión dunha Mención cara á Excelencia aos Programas de Doutoramento das Universidades Españolas (Orden EDU/3429/2010, de 28 de decembro, BOE 4 de xaneiro de 2011).
A demanda de formación neste Programa de Doutoramento mantense de forma constante durante os máis de 25 anos da súa existencia, o que acredita o seu interese na nosa contorna universitaria. Isto xustificase porque no Programa abordanse temáticas de gran relevancia socioeconómica e sanitaria. A modo de exemplo, hoxe existe consenso en que a obesidade e as súas complicacións como a diabete, as enfermidades cardiovasculares e as osteo-articulares, representan un dos desafíos máis importantes aos que se enfrontan os sistemas nacionais de saúde e a sociedade occidental en xeral.
