CB11: Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación sobre dito campo.
CB12: Capacidade de concebir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoutar un proceso sustancial de investigación ou creación.
CB13: Capacidade para contribuir á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14: Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15: Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16: Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
Capacidades e destrezas persoais
CA01: Desenvolverse en contextos nos que hai poca información específica.
CA02: Atopar as preguntas chave que hai que respostar para resolver un problema complexo.
CA03: Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
CA04: Traballar tanto en equipo coma de xeito autónomo nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA05: Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA06: A crítica e defensa intelectual de solucións.
Competencias Específicas
CE01: Acadar un nivel de formación que consiga avanzar o coñecemento nuna das liñas de investigación do ámbito da Endocrinoloxía nas nosas institucións, tanto na súa vertente teórica coma na súa vertente metodolóxica.
CE02: Aplicar os métodos teóricos, cuantitativos e cualitativos apropiados para proxectos de investigación do máis alto nivel, ou no seu caso para ensaios clínicos rexistrados internacionais.
CE03: Ser capaz de prever as dificultades técnicas da experimentación científica en Endocrinoloxía, e as limitacións dos modelos experimentais in vitro, en animais ou en pacientes. Isto conleva unha crítica constructiva da interpretación dos propios datos e a defensa intelectual de posibles solucións ou hipóteses alternativas.
CE04: Presentar e defender convincentemente traballos científicos no ámbito da Endocrinoloxía ante un público experto, tanto de investigadores básicos como de investigadores clínicos en español e en inglés.
CE05: Elaborar un traballo de investigación académica capaz de elevar a nosa fronteira do coñecemento nalgunha das liñas de investigación do Programa.