Programa de Doutoramento en Endocrinoloxía

Mecanismos de información do alumno


O Programa de Doutoramento en Endocrinoloxía promove a utilización de TICs e de ferramentas da Universidade Virtual postas a disposición pola USC. Os alumnos de Doutoramento terán información dispoñible a tempo real sobre calquera actividad do programa e sobre as convocatorias de bolsas ou axudas de calquer tipo na páxina do Programa dentro da Universidade Virtual. A CAPD, a través do seu coordinador/a, encargarase de actualizar dita información. Enlace web.

Financiación das actividades do programa


Nun contexto económico mundial cambiante, é difícil facer previsións de finaciación que gozen de suficiente certeza científica. Aínda así podemos garantir os seguintes aspectos:

  • Os profesores do Programa contan con financiación de proxectos nacionais, a cuxos equipos serán adscritos os doutorandos do programa. Esto permitirá a financiación parcial dos seus gastos nalgunha das actividades do programa.
  • Varios dos profesores/titores do Programa forman parte de varias redes de investigación. Estas inclúen as seguintes: Rede Galega de Obesidade, REGID, ... Todas elas inclúen, no seu plan de actividades, actividades de formación. Para o vindeiro ano está prevista a asistencia dos nosos doutorandos ás seguintes: Reunión da Rede Galega de Obesidade, Reunión da Rede Galega de Descubrimento de Fármacos, Reunión da Rede Galega de Células Nai.
  • Un bó número de profesores/titores do noso Programa desenvolven a súa actividade no CIMUS. Este centro desenvolve unha serie de seminarios de forma continuada nos que os doutorandos terán preferencia non só de asistencia senón tamén para presentar/discutir os seus datos e proxectos cós científicos invitados.
  • Varios dos profesores forman parte de varios consorcios internacionais (proxectos europeos) que desenvolven actividades formativas. Asi, no ámbito do proxecto TRANSINT, do que forman parte C. Dieguez e S. Tovar, prograáronse para finais de 2013 o NANOFAR Autum School en Santiago de Compostela ao que poderán asistir os doutorandos do Programa. Asimesmo un dos profesores do Programa (C. Dieguez) en colaboración con T. Horvath (USA) e C. Cavadas (Coimbra) ten solicitado á FENS financiación para a realización dun curso internacional de formación en: Hypothalamus, Ageing and Metabolic Syndrome. En caso de recibir financiación 10 doutorandos do Programa poderán asistir a dito curso.
  • Varios dos profesores do Programa teñen unha alta participación nos cursos de formación da Sociedade Española de Endocrinoloxía, da Sociedade Española de Obesidade e da Sociedade Galega de Endocrinoloxía e Nutrición. Ao longo dos últimos anos esto ten facilitado que prácticamente todos os nosos doutorandos haxan asistido polo menos a un curso de formación dos impartidos por ditas sociedades. Comprometemonos a manter este compromiso para os novos doutorandos.
  • Os profesores do Programa teñen un amplo historial en canto a organización de Congresos tanto nacionais coma internacionais. No ano 2012 organizouse en Santiago de Compostela o Congreso Europeo de Ciencias Fisiolóxicas, ao que asistiron todos os nosos doutorandos. No ano 2014, está prevista a celebración do Congreso Europeo de Tiroides ao que se facilitará a asistencia de todos os doutorandos que se incorporen. Por último, mencionar que ao Congreso Galego de Endocrinoloxía e Nutrición que se celebra todos os anos asistiron todos os nosos doutorandos de forma sistemática.
  • A coordinación do Programa mantén un sistema de alertas de bolsas para asistencia aos Congresos Nacionais de Endocrinoloxía e Europeo de Endocrinoloxía. Prácticamente todos os anos doutorandos do noso programa obtiveron algunha destas bolsas e puideron asistir a ditos congresos.
  • Os profesores deste Programa tiveron históricamente unha alta taxa de éxito na captación de bolseiros FPI/FPU. Isto é especialmente relevante neste apartado dado que contempla a financiación de estancias cortas. Por tanto aqueles que dispoñan de ditas bolsas poderán realizar unha estancia corta ao final do seu periodo de formación. A única preocupación neste sentido é que a resolución destas convocatorias vense ralentizando/retrasando de forma sistemática nestes últimos anos.

En resumo cremos que aínda que non poidamos garantir totalmente estos aspectos de cara ao futuro dada a situación económica, o noso historial demostra unha preocupación neste sentido e unha gran diversidade de fontes de captación de recursos que nos permiten o considerar que razoablemente todos os doutorandos van a poder asistir con regularidade a congresos e á realización de estancias curtas, etc.

Bolsas e axudas


Convocatoria de Contratos Predoutorais - Ministerio de Economía e Competitividade

O Ministerio de Economía e Competitividade publica no boletín oficial do 12 de xuño de 2015 a Resolución de 5 de xuño de 2015, pola que se aproba a convocatoria correspondente ao ano 2015, das axudas para contratos predoutorais (antiguos FPI).

  • Poderán ser solicitantes todas aquelas persoas que se atopen, no momento de presentación da solicitude, en disposición de estar matriculado ou admitido nun programa de Doutoramento, para o curso 2015/2016, na data na que se formalice o contrato, dacordo có artigo 16.
  • O prazo de presentación das solicitudes de participación será do 15 de xuño de 2015 ao 29 de xuño de 2015 ás 15:00 horas (hora peninsular española).

Máis información na web do MINECO