Actividades formativas
INVESTIGACIÓN | EVENTOS CIENTÍFICOS | NOVAS TECNOLOXÍAS / FÁRMACOS | DISCUSIÓN DE RESULTADOS | PRESENTACIÓN DE RESULTADOS | FORMACIÓN COMPLEMENTARIASeminarios Semanais de Investigación das Institucións
Distribución temporal
Os nosos doutorandos deberán participar nun deses seminarios de investigación básica, translacional ou clínica cada semana (2 horas por seminario incluíndo presentación e discusión) que non están relacionados directamente coa súa investigación, durante ao menos 30 semanas durante o período de doutoramento ao longo dos tres anos).
Os estudantes matriculados a tempo parcial poderán realizar a asistencia aos 30 seminarios en 5 anos.
Tipo de Actividade
Obrigatoria na frecuencia esixida (30 en 3 anos / 5 anos).
Procedemento de adaptación
Os nosos institutos (IDIS-CIMUS-IDICHUS, Ciencias Vigo) dispoñen de certificados en cada seminario para a firma da asistencia. Xeralmente, o moderador da sesión é o encargado de certificar meirande firma e data. Unha vez ao ano se aportará á CAPD a certificación correspondente que inclúa o número de horas. Quedará incluído dentro do Documento de Actividades de cada Doutorando.
Actuacións de mobilidade
A maioría dos nosos seminarios son de investigadores de fóra dos nosos centros. Máis da metade de investigadores de fóra de Galicia. Ao menos un tercio de todos os seminarios organizados polos nosos centros son de investigadores estranxeiros e impartidos en inglés.
Participación en eventos das Sociedades de Endocrinoloxía ou Consorcios Internacionais
Distribución temporal
Continuando có habitual no noso programa, os doutorandos deberán participar mediante póster ou comunicación oral nun mínimo de tres eventos rexionais (por exemplo da SGENM) ou nacionais (SEEN, SEDO, SED, SENPE ou sociedades similares en Bioloxía Celular, Bioquímica ou Oncoloxía) durante os tres anos de formación doutoral. Á súa vez, tamén deberán participar mediante póster ou comunicación oral en ao menos un evento internacional durante eses tres anos, organizado pola ESE, a ESPE, a EASD, a SfE, a ENDO, a ISE ou sociedades científicas internacionais similares en Bioquímica, Bioloxía Celular ou Molecular, Oncoloxía, etc...
Os estudantes matriculados a tempo parcial poderán realizar esta actividade formativa en 5 anos.
Tipo de Actividade
Obrigatoria na frecuencia esixida:
- 3 aportacións rexionais ou nacionais en 3 anos + 1 aportación internacional en 3 anos para os alumnos a tempo completo
- 3 aportacións rexionais ou nacionais en 5 anos + 1 aportación internacional en 5 anos para os alumnos a tempo parcial.
Se se acada unha superior asistencia a este tipo de eventos científicos dos nosos doutorandos consideraráse un éxito do programa.
Procedemento de adaptación
Unha vez ao ano aportaráse á CAPD a certificación correspondente que inclúa o número de horas. Aportaráse o Certificado de Asistencia/Aproveitamento/Formación Continuada que se outorga nas entidades correspondentes (Sociedades Científicas, Institucións recoñecidas,...). A actividade quedará así incluída dentro do Documento de Actividades de cada Doutorando.
Actuacións de mobilidade
Como xa é habitual no noso programa, establecerase a disposición dos doutorandos a información que se reciba sobre este tipo de cursos tanto a nivel nacional coma estranxeiro usando o listado de emailing. Esto é sinxelo pois parte do profesorado é invitada de forma habitual a este tipo de cursos no estranxeiro, ou participa coma poñente neste tipo de eventos internacionais e, por tanto, ten un sinxelo acceso á información. Para a financiación contaráse coas ofertas de bolsas destas institucións, e coas bolsas de mobilidade das institucións do noso contexto (IDIS, USC, UVIGO, SERGAS, XUNTA de GALICIA, MEC). Ademáis, os proxectos de investigación nacionais, europeos e de redes contan con financiación específica para a diseminación dos resultados de investigación dos membros do grupo investigador.
Seminarios de novas tecnoloxías e/ou novos fármacos organizados en colaboración coa industria
Distribución temporal
Os doutorandos do noso programa deberán participar polo menos nun seminario tecnolóxico (formación transversal) durante os 3 anos de período de doutorado. Aqueles alumnos matriculados a tempo parcial disporán de 5 anos para a rezalización desta actividade.
Tipo de Actividade
Obrigatoria na frecuencia esixida (1 actualización tecnolóxica en 3 anos / 5 anos). Se a asistencia dos nosos doutorandos é superior consideraráse un éxito do programa.
Procedemento de adaptación
Una vez ao ano aportaráse á CAPD a certificación correspondente que inclúa o número de horas con copia do certificado outorgado pola compañía organizadora. Quedará incluído dentro do Documento de Actividades de cada Doutorando.
Actuacións de mobilidade
Este tipo de presentacións técnicas habituais no noso programa son en colaboración coa industria tecnolóxica. En xeral requiren dun experto que presenta a nova tecnoloxía ou aparataxe en inglés. A veces, o proxecto de investigación require a mobilidade de doutorandos a outra institución para aprender o manexo detallado de novos equipos dentro das nosas institucións.
Discusión semanal dos seus resultados de investigación dentro do seu grupo de investigación
Distribución temporal
Os resultados obtidos nos seus experimentos preliminares polo menos durante duas horas cada semana durante polo menos 30 semanas ao ano durante os tres anos do período de formación. Este tempo poderá ser continuo ou distribuído en segmentos temporais ao longo da semana. Os alumnos matriculados a tempo parcial terán 5 anos para a realización desta actividade.
Tipo de Actividade
Obrigatoria na frecuencia esixida (180 h de discusións científicas intragrupo na temática concreta do proxecto en 3 anos ou 5 anos no caso de matrícula a tempo parcial). Se o número de horas adicadas a esta actividade é superior consideraráse un éxito do programa.
Procedemento de adaptación
A CAPD informará aos directores na reunión de recepción aos novos doutorandos destes requisitos de formación. Unha vez ao ano, o director enviará un informe por cada doutorando certificando o número de horas adicadas polo grupo a esta actividade de formación.
Actuacións de mobilidade
É habitual no noso programa que os expertos nacionais ou internacionais participen cós directores e os doutorandos na discusión de resultados preliminares, xeralmente en inglés. Polo tanto, os doutorandos deberán estar preparados para este tipo de reunións informais de traballo de forma habitual entre os que se inclúen aos científicos invitados e se emprega o idioma inglés.
Ao mesmo tempo, moitas veces se require da realización de certos experimentos noutros laboratorios de fóra da institución. De feito, o director será o encargado de orientar ao doutorando cando sexa necesario trasladarse a outro centro nacional ou estranxeiro. Para a financiación buscaránse mecanismos coma os fondos dos bolseiros FPI para tal fin, os fondos da mención de excelencia ao programa de doutoramento, ou ben bolsas de institucións privadas ou sociedades científicas.
Presentación anual dos seus resultados de investigación
Distribución temporal
Nos casos nos que a participación na actividade 4-3 (Eventos internacionais) xa requira a presentación oral en inglés esta actividade quedará tamén certificada. Os participantes en consorcios de investigación (CIBER) que xa manteñan as súas reunións anuais onde existan presentacións poderán tamén certificar esta actividade. Os residentes que teñan que impartir unha sesión clínica para o departamento na temática do seu proxecto poderán tamén certificalo coma actividad.
Tipo de Actividade
Obrigatoria na frecuencia esixida. Cada doutorando terá por tanto un seminario anual público e de idioma recomendado en inglés (aínda que queda á elección do director) durante os tres anos de período de formación.
Aqueles alumnos matriculados a tempo parcial disporán dos seus cinco anos de formación para a presentación de 3 seminarios públicos e de idioma recomendado en inglés (aínda que queda á elección do director) cós seus resultados.
Procedemento de adaptación
O Director da tese deberá acreditar esta actividade no seu informe anual á CAPD. No caso dos mecanismos alternativos deberase especificar a reunión internacional (con copia do Abstract de presentación oral onde o doutorando coincida có autor presentador) ou de consorcio (CIBER, Europeo, etc..) onde se realizara a presentación oral.
Actuacións de mobilidade
As presentacións deste tipo esixen moitas veces mobilidade xa que os consorcios europeos ou nacionais reúnense en cidades distintas cada 6 meses ou polo menos una vez ao ano. A financiación vai incluída na participación neste tipo de consorcios.
Alternativamente, para os que presenten os seus resultados aos membros do grupo, como existe un elevado número de investigadores posdoutorais de fala estranxeira, a preparación debe ser coidada, o idioma inglés científico claro e as diapositivas son sometidas a unha discusión científica amigable pero rigurosa.
Cursos Acreditados de Formación complementaria
Distribución temporal
Cada unha destas actividades será única durante o período de formación do doutorado.
Tipo de Actividade
Obligatoria na frecuencia esixida (1 curso acreditado en 3 anos para os alumnos matriculados a tempo completo, ou en 5 anos para os alumnos matriculados a tempo parcial). Se a asistencia é superior a esta frecuencia consideraráse un éxito do programa.
Procedemento de adaptación
Unha vez ao ano aportaráse á CAPD a certificación correspondente que inclúa o número de horas. Quedará incluído dentro do Documento de Actividades de cada Doutorando.
Actuacións de mobilidade
Moitos destes cursos son internacionais e ofrecen bolsas de asistencia aos membros das sociedades.
En xeral, o pago anual como membro do personal en formación non supera os 50 euros e en cambio permite o acceso ás bolsas que os nosos doutorandos obteñen sen problemas. Alternativamente, solicitaránse as bolsas de mobilidade das institucións do noso contexto (IDIS, USC, UVIGO, SERGAS, XUNTA de GALICIA, MEC).