Contexto
Hai una serie de indicadores científicos que posicionan á Endocrinoloxía coma área de referencia competitiva da ciencia en Galicia a nivel internacional.
Entre estos indicadores podemos citar:
- O informe recente (2012) presentado pola Fundación Barrié sobre A ciencia en Galicia (2005-2010) que di textualmente: “En canto ao impacto relativo, e centrando a análise nas disciplinas que obtiveron unha maior produción científica e máis de dez citas por documento, destacan en primeiro lugar a Bioquímica e Bioloxía Molecular, con 14,03 citas por documento, e Xenética e Herencia, con 13,09. As outras disciplinas que teñen máis de dez referencias por publicación son, por esta orde, Biotecnoloxía e Microbioloxía Aplicada, Ciencia dos Materiais, Endocrinoloxía e Metabolismo”.
- O estudo sobre os científicos galegos máis citados na comunidade galega, avaliado mediante o índice-H, amosa que os dous científicos máis citados (Dieguez, Casanueva) son desta área e profesores deste Programa.
- A presenza de investigadores en proxectos competitivos de ámbito internacional del maior prestixio como son as convocatorias de proxectos do European Research Council. Dos 6 proxectos que foron obtidos por investigadores galegos, dous deles corresponden a investigadores/profesores deste Programa (M. Lopez e R. Nogueiras).
- A presenza de investigadores do Programa en proxectos consorciados da UE de forma ininterrumpida nos últimos 12 anos como son os seguintes (todos eles relacionados coa temática do Programa):
- OB-AGE: Obesidade e enfermidades do envellecemento. (VPM).
- EMAS, Estudo a escala europea sobre o envellecemento na poboación masculina e os efectos sobre diversas funcións endocrinas así coma discapacidades e problemas consecuencia dos mesmos. (VI PM).
- DIABESITY: Identificación de dianas terapéuticas que permitan o tratamento e prevención da obesidade asociada á diabetes tipo 2 (a chamada “diabesidade”). (VI PM).
- REPROBESITY: Caracterización de novos axentes para o tratamento da obesidade baseado no reprofiling de fármacos xa existentes. (VII PM).
- NEUROFAST: Caracterización dos mecanismos de recompensa asociados á inxesta de distintos tipos de nutrintes.(VII PM).
- TRANSINT: Novas formulacións baseadas en nanoparticulas para a administración de insulina oral.
- A importante labor investigadora desenvolvida na área promoveu que a dirección científica do CIBER de Obesidade e Nurición do ISCIII (CIBERobn) se leve a cabo dende Santiago (Prof. F. Casanueva) coordinando a actividade dos 27 grupos nacionais que conforman este consorcio.
- A presenza dos xa doutorados dentro do programa en hospitais e centros de investigación de todo o mundo como investigadores postdoutorais, ou máis adiante coma investigadores principais de grupos de investigación. Esto reflexa a calidade da formación doutoral, e a madurez e independencia coma investigadores que se acada dentro do noso programa.
Adscrición: Escola de Doutoramento Internacional da USC
Dacordo có establecido no Regulamento dos Estudos de Doutoramento da Universidade de Santiago, este programa adscribese á Escuela de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela (Escola de Doutoramento Internacional da USC). A Normativa pola que se rixe este programa é o Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC, aprobada en consello de goberno o 25 de xuño de 2012 e publicada no D.O.G. do 29 de Agosto de 2012, nº 164).
Mecanismos de coordinación docente entre a USC e a UVIGO
O noso Programa de Doutoramento se imparte nas dúas universidades de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVIGO). Existe unha longa tradición de colaboración no Doutoramento en Endocrinoloxía entre estas dúas universidades, que permite aproveitar todo o potencial investigador na área de Endocrinoloxía que existe na nosa rexión. Esta colaboración refléxase no convenio entre as dúas universidades firmado a tal efecto polos rectores de ambas universidades.
A USC actuará coma coordinadora do Programa de Doutoramento. É competencia e responsabilidade da universidade coordinadora asumir as seguintes funcións, ademáis das que figuren no convenio de colaboración do Programa:
- Coordinar o proceso de elaboración e aprobación do Programa de Doutoramento tratando de asegurar a participación proactiva e equilibrada das universidades participantes.
- Realizar as xestións e trámites administrativos en relación ao procedemento de autorización ante a Comunidade Autónoma e verificación ante o Consello de Universidades, así coma informar ás universidades participantes do estado dos citados procedementos.
- Promover o convenio de colaboración do Programa de Doutoramento e o regulamento de réxime interno da Comisión Académica do Programa de Doutoramento (en adiante CAPD).
- Remitir ás Universidades participantes os informes de avaliación e/ou autorización emitidos por ACSUG, polo departamento competente en materia de Universidades da comunidade autónoma e polo Consello de Universidades, así coma os documentos que conformen a memoria do Programa unha vez autorizado e verificado.
- Coordinar os procedementos de seguemento e renovación da acreditación do Programa de Doutoramento.
- Coordinar, de ser o caso, o procedemento de modificación e/ou extinción do Programa de Doutoramento.
No caso de que se produza un cambio de universidade coordinadora, a universidad designada como nova coordinadora responsabilizarase de comunicar á Comunidade Autónoma e ao Consello de Universidades a súa designación coma coordinadora do Programa de Doutoramento dacordo cós procedementos establecidos ao efecto.