Programa de Doutoramento en Endocrinoloxía

Presentación


Benvidos á web do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Endocrinoloxía e Nutrición da USC e a UVIGO.

O Programa de Doutoramento en Endocrinoloxía impartese de forma ininterrumpida dende o ano 1988. Obtivo a mención de calidade do MEC dende a súa implantación en 2003 e a Mención cara á Excelencia: MEE2011-0083 (Resolución de 6 de outubro de 2011, BOE-A-2011-16518, de acordo cola convocatoria para a concesión dunha Mención cara á Excelencia aos Programas de Doutoramento das Universidades Españolas (Orden EDU/3429/2010, de 28 de decembro, BOE 4 de xaneiro de 2011).

A demanda de formación neste Programa de Doutoramento mantense de forma constante durante os máis de 25 anos da súa existencia, o que acredita o seu interese na nosa contorna universitaria. Isto xustificase porque no Programa abordanse temáticas de gran relevancia socioeconómica e sanitaria. A modo de exemplo, hoxe existe consenso en que a obesidade e as súas complicacións como a diabete, as enfermidades cardiovasculares e as osteo-articulares, representan un dos desafíos máis importantes aos que se enfrontan os sistemas nacionais de saúde e a sociedade occidental en xeral.

Noticias


MATRICULA - 2016/2017

2º Prazo - Listaxe definitiva:

23 de febreiro de 2017

CALENDARIO DE PREINSCRICIÓN E MATRICULA


CONVOCATORIA FPI 2016

Solicitudes de participación:

Ata o 27/09/2016 ás 15:00 h

CONVOCATORIA OFICIAL

No Programa de Doutoramento Interuniversitario de Endocrinoloxía ofrecense liñas de investigación lideradas por investigadores de primeiro nivel no contexto nacional e internacional sobre algunhas das patoloxías máis prevalentes como as enfermidades da Tiroides. O Hipotiroidismo é unha das patoloxías máis comúns no ser humano asociado ou non á autoinmunidade. Afecta a 1 de cada 6 humanos, sobre todo mulleres en proporción de 10:1. O hipotiroidismo conxénito é a alteración conxénita más frecuente (1/600 nenos nados vivos). Por outra banda o cancro de tiroides é o único cancro na poboación mundial cuxa incidencia incrementase un 15% anual dende fai dez anos, sendo actualmente o cuarto en incidencia global en mulleres. Galicia, ao ser unha área deficitaria de iodo, ten unha alta prevalencia de enfermidades tiroideas.

Dende fai dúas décadas, Galicia converteuse nun referente mundial no estudo das relacións entre o Sistema Nervioso e o Sistema Endocrino, área que recibe o nome de Neuroendocrinoloxía. Esta área de investigación comezou nos Departamentos de Fisioloxía e Medicina da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC), pero cos anos, investigadores egresados do programa tras completar a súa formación no estranxeiro, extenderon e consolidaron esta liña na Universidade de Vigo (UVIGO) e os complexos hospitalarios universitarios asociados a ambas universidades (CHUS, CHUVI, CHOPO). Ademáis, a Endocrinoloxía está íntimamente relacionada coa área de Nutrición que ten un enorme impacto económico en Galicia.

Obxectivos


O programa pretende un achegamento multidisciplinar ao estudo do Sistema Endocrino. Este programa busca a formación do doutorando en disciplinas que estudan a estructura, función, desenvolvemento, mecanismo de acción hormonal, farmacoloxía, bioloxía molecular e aspectos clínicos e patolóxicos do Sistema Endocrino.

O programa está orientado á capacitación dos alumnos para realizar investigación en Endocrinoloxía, tanto dende a perspectiva básica coma clínica.

Destinatarios


Todos os licenciados en Mediciña, Bioloxía, Farmacia, Veterinaria, Física e Psicoloxía.

Aqueles licenciados que entre os seus obxectivos inmediatos non teñan a realización dunha Tese de Doutoramento, tamén teñen cabida no programa, considerando a ampla oferta de cursos enfocados ao desenvolvemento de aspectos clínicos e básicos da Endocrinoloxía, impartidos por prestixiosos especialistas, que garanten unha formación de posgrao especializada e de calidade.

Saídas Profesionais


O principal obxectivo do Programa é contribuir ao aumento tanto do número de investigadores en Endocrinoloxía coma da súa cualificación mediante un extenso programa docente que inclúe formación predoutoral teórica e práctica de médicos e licenciados noutras ramas biosanitarias tales coma Bioloxía, Farmacia, Veterinaria, etc.