Programa de Doutoramento en Endocrinoloxía

Calendario de preinscrición e matrícula


Calendario de preinscrición e matrícula curso 2017/2018
1º PRAZO
Proceso Data
Preinscrición: Do 25 de agosto ao 6 de setembro de 2017
Listaxe provisional: 15 de setembro de 2017: consultar listaxe
Reclamacións: Do 18 ao 22 de setembro de 2017
Listaxe definitiva: 28 de setembro de 2017: consultar listaxe
Matrícula: Do 1 ao 9 de outubro de 2017
Matrícula (continuación de estudos): Do 1 ao 7 de outubro de 2017
2º PRAZO
Preinscrición: Do 9 ao 12 de febreiro de 2018
Listaxe provisional 15 de febreiro de 2018: consultar listaxe
Reclamacións: Do 16 ao 20 de febreiro de 2018
Listaxe definitiva: 22 de febreiro de 2018: consultar listaxe
Matrícula: Do 23 ao 27 de febreiro de 2018

UVIGO - Calendario de preinscrición e matrícula para estudos de Doutoramento - curso 2017/2018
UVIGO - Convocatoria de matrícula para estudos de Doutoramento - curso 2017/2018

NÚMERO DE PRAZAS
5 Prazas


PREZO
Decreto 65/2017, de 6 de xullo de 2017


MATRÍCULA
Sección Matrícula de UVIGO

INFORMACIÓN

Posgrao en Ciencias
Gloria

negociadoposgraocc@uvigo.es

Admisión e Selección


Perfil de Ingreso

Para poder ser admitido no Programa de Doutoramento en Endocrinoloxía, os candidatos deben acreditar que obtiveron un dos dous títulos universitarios oficiais outorgado por unha institución de Educación Superior Europea acreditada:

  • Mestrado en calquera área de Ciencias da Vida (300 créditos ECTS totais, dos que polo menos 60 créditos ECTS serán de nivel Mestrado). En caso de titulaciónes estranxeiras, deberán acreditar un título de Mestrado equivalente outorgado por unha institución de Educación Superior acreditada. A Comisión Académica (CAPD) do Programa de Endocrinoloxía poderá aceptar candidatos con Mestrado en outras áreas alleas con equivalente número de créditos (300 créditos ECTS totais dos que polo menos 60 sexan de nivel Mestrado) se considera que superaron créditos suficientes en materias relacionadas con aspectos teóricos ou prácticos de investigación biomédica.
  • Grao en Mediciña.
  • Grao en Ciencias da Saúde que se encontren realizando formación sanitaria especializada (BIR, QIR, FIR, PIR): titulados universitarios que, previa obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial de algunha das especialidades en Ciencias da Saúde. Aqueles graduados con título oficial en áreas de Ciencias da Saúde ou áreas afins con 300 créditos ECTS realizarán os complementos específicos equivalentes aos créditos nivel Mestrado que decida a Comisión Académica (CAPD) do programa de Endocrinoloxía, dentro dos Mestrados oficiais da USC ou da UVIGO relacionados có Programa de Endocrinoloxía, fundamentalmente: o Mestrado en Investigación Biomédica (USC) ou o Mestrado en Nutrición (UVIGO) para que obteñan o necesario nivel de créditos oficiais que lles permita obter o título de Doutorado en Mediciña.
  • De forma xeral, os estudos de Mestrado que permitirán o ingreso a este programa de Doutoramento sen complementos de formación serán os Mestrados en: Biotecnoloxía avanzada, Neurociencia, Nutrición, Metodoloxía e aplicacións en Bioloxía Molecular, Ciencia e tecnología en Termalismo e Balneoterapia.
  • Asimesmo os graduados en Mediciña pola USC ou outra universidade europea acreditada poderán acceder directamente.
  • Finalmente, os BIR, QIR, FIR, ou PIR hospitalarios que superen o segundo curso de formación especializada.

Admisión

A valoración realizarase dacordo ao seguinte baremo:

  • Preacordo de titorización (e no seu caso tras entrevista persoal): Ata 6 puntos.
  • Proxecto de Investigación segundo necesidades de distribución entre as Liñas de Investigación: Ata 2 puntos.
  • Valoración do expediente e curriculum: Ata 2 puntos.

Para ser admitidos no Programa de Endocrinoloxía, os candidatos deben obter polo menos 5 puntos na valoración. No caso improbable de que exista un número de solicitudes maior ao ofertado, a CAPD priorizará as solicitudes utilizando criterios entre os que se inclúe o número de doutorandos xa existentes en cada liña de investigación e a capacidade económica do grupo.


Admisión e matrícula para alumnado solicitante de axudas para contratos predoutorais

Procedemento de admisión e matrícula para alumnado solicitante de axudas para contratos predoutorais - curso 2016/2017.