Teses
SUPERVISIÓN DE TESES | DIRECCIÓN DE TESES | SEGUIMENTO DO DOUTORANDO | NORMATIVA PARA A PRESENTACIÓN E LECTURA DE TESESSupervisión de Teses
Elección do Director da Tese pola CAPD do Programa de Doutoramento en Endocronoloxía
No prazo máximo de tres meses dende a súa matriculación, a comisión académica (CAPD) asignará a cada doutorando un director de tese de doutoramento. A CAPD elexirá como Director da Tese en primeira opción a aquel profesor que teña asinado o acordo de pre-titorización requerido no proceso de selección de estudantes. Se algún estudante seleccionado presenta máis dun acordo de pre-titorización a CAPD requerirá información sobre se é unha tese co-dirixida. No caso de que non sexa así e haxa que elexir un director entre varios solicitantes, o doutorando será adscrito según dous criterios:
- Capacidade de financiación do doutorando.
- Aquel Director que teña un menor número de estudantes no programa.
Dirección conxunta de Teses de Doutoramento
O noso programa conta cun amplo historial de publicacións conxuntas e codireccións de teses como se obxectiva no apartado de “datos relativos aos resultados dos últimos 5 anos” con exemplos todos eles de teses codirixidas.
Nos casos onde exista unha petición de dirección conxunta dun doutorando por dous ou máis profesores do programa, a CAPD autorizará dita petición tras a súa revisión. O noso programa fomenta esta co-dirección entre profesores do programa da mesma liña, entre liñas distintas e, sobre todo, en coordinación entre investigadores básicos e clínicos. Entre as actividades que se realizan de fomento de co-dirección de teses figuran os programas do instituto IDIS.
O programa de bolsas predoutorais do IDIS do que forman parte a maioría dos profesores/titores deste Programa en aras de potenciar a investigación traslacional convoca 4 bolsas cada ano (3 anos de duración) entre cuxos requisitos está o que sexan codirixidas por investigadores básicos e clínicos. Nos últimos 2 anos 3 profesores deste programa acadaron financiación a través desta vía para outros tantos doutorandos.
Supervisión de Teses na Universidade de Vigo
Os requisitos xerais referidos aos titores e directores de teses recollidos nesta memoria poden atoparse no Regulamento de Estudos de Doutoramento da UVIGO.
Dirección de Teses
Mecanismos de cómputo da labor de autorización e dirección de teses
A investigación, instrumento básico para a xeración de coñecemento e o progreso social e económico, constitúe unha das responsabilidades fundamentais da Universidade. No contexto actual a actividade investigadora configurase coma un dos parámetros identificadores de calidade das universidades e coma elemento dinamizador da estructura universitaria.
No marco da planificación plurianual da Universidade, o Consello de Goberno do 10 de outubro de 2007 aprobóu un modelo para o recoñecemento da actividade investigadora que se incorpora ao cómputo da adicación ordinaria do PDI, formando parte da súa actividade académica. Mídese en horas docentes equivalentes que se aplicarán a uns indicadores relacionados có desenvolvemento da actividade investigadora en todas as áreas de coñecemento e que poden medirse de xeito obxectivo.
Entre estos indicadores atopase o recoñecemento de 20 horas lectivas por cada tese de doutoramento dirixida ou titorizada que teña sido defendida na USC ou noutras universidades, nos dous últimos anos ao da súa inclusión no Plan de Organización Docente (POD) previa xustificación na que deberá figurar o número de titores/directores. Estas horas serán computadas ao profesorado, con adicación a tempo completo e sempre que a cualificación obtida pola tese fose de “cum Laude”. Este número de horas poderá incrementarse ata 30 horas en caso de teses europeas ou as realizadas dentro de Programas de Doutoramento con Mención de Calidade. En caso de que a tese fora tutorizada/dirixida por máis dun/a doutor/a, o recoñecemento das horas docentes equivalentes repartiráse entre todos eles.
Cada departamento encargaráse de determinar os valores dos indicadores do esforzo investigador do seu profesorado e a súa transformación en horas docentes equivalentes, que serán aplicadas de forma individual a cada profesor.
Seguimento do Doutorando
Estancias noutros centros de investigación
Os Profesores deste Programa tiveron históricamente unha alta taxa de éxito na captación de bolseiros FPI/FPU. Esto é especialmente relevante neste apartado dado que contempla a financiación de estancias cortas. Por tanto aqueles que dispoñan de ditas bolsas poderán realizar unha estancia corta ao final do seu periodo de formación.
O CIBEROBN, rede financiada polo ISCIII, ten entre as súas actividades a posibilidade de realizar estancias cortas financiadas dos doutorandos nos distintos laboratorios da rede. De feito polo menos un doutorando por ano do Programa se ten beneficiado destas axudas nos últimos anos.
O Programa en Endocrinoloxía ten captado históricamente estudantes procedentes doutros países con bolsas de distintas organizacións. A maioría delas contemplan a posibilidade de financiar estancias cortas.
Seguimento do Doutorando na Universidade de Vigo
Os requisitos e mecanismos xerais de seguimento do doutorando aos que se fan referencia esta memoria poden atoparse no Regulamento de Estudos de Doutoramento da UVIGO.
Normativa para a presentación e lectura de Teses
Internacionalización do seguimento e presentación de Teses no Programa de Doutoramento en Endocrinoloxía
O noso programa enmarcase dentro do campus de excelencia internacional Campus VIDA, o cal ten no seu comité científico expertos internacionais. Asimesmo o aspecto de formación é un dos ítem avaliados polos expertos do Comité Cientifico Externo do CIMUS no que hai expertos internacionais. No caso dos grupos que forman parte do CIBEROBN este aspecto é tamén avaliado anualmente polos expertos do ISCIII que está baseada na súa totalidade en expertos internacionais.
En calquer caso diversos expertos internacionais teñen formado parte dos tribunais de tese dos nosos doutorandos procedentes das Universidades de Cambridge, Torino, Porto. No momento actual dita presencia ven delimitada polos gastos límite máximo permitido pola asistencia para cada membro do tribunal. A pesar diso a coordinación do Programa fomentará este aspecto en coordinación cós responsables de seminarios do CIMUS e do IDIS para que inclúan expertos internacionais que veñan a tribunais de tese na súa programación de seminarios financiados.
Normativa de lectura de Teses da Universidade de Vigo
Unha vez autorizada a defensa pública da tese, o doutorando/a deberá efectuar o pago das taxas dos dereitos de exame do grao de doutor/a na unidade administrativa que se determine.
Unha vez realizado dito pago, o órgano designado pola escola de doutoramento lle remitirá ao secretario/a do tribunal os documentos que se deberán cubrir no acto de defensa da tese de doutoramento:
- Acta de constitución do tribunal.
- Acta da sesión.
- Sobres oficiais que recollan os informes confidenciais sobre a tese para os efectos da mención de cum laude e de premio extraordinario de doutoramento.
O presidente/a do tribunal convocará o acto de defensa da tese de doutoramento, e o secretario/a comunicaralle polo menos con 10 días de antelación o día, o lugar e a hora do citado acto á escola de doutoramento, que á súa vez informará á CAPD, ao estudante/a, ao director/a da tese e fará a publicidade pertinente.
A defensa da tese deberá realizarse nunha sesión pública durante o período lectivo do calendario académico e terá lugar na propia universidade española na que o doutorando/a estiviese matriculado ou, no caso de programas de doutoramento conxuntos, nos términos que indiquen os convenios de colaboración. Calquera outra opción requerirá da autorización expresa do órgano designado pola escola de doutoramento, e deberase asegurar, en todo momento, o cumprimento da presente normativa e dos procesos establecidos para a súa avaliación.
En casos debidamente xustificados por circunstancias excepcionais que imposibiliten a presenza física dun membro do tribunal, o órgano designado pola escola de doutoramento poderá autorizar a súa participación por videoconferencia, a condición de que os outros dous membros do tribunal estén presentes no acto. En ningún caso, este membro ausente poderá ser o presidente/a ou o secretario/a do tribunal.
Se no acto de defensa e exposición pública da tese non se presentase ningún membro do tribunal titular, incorporaranse os suplentes cumplindo o requisito sobre a maioría de membros externos á Universidade e ás institucións colaboradoras no programa de doutoramento. Se esto non fora posible, o presidente/a do tribunal suspenderá o acto de lectura e comunicaralle este feito á escola de doutoramento. O órgano designado pola escola de doutoramento poderá autorizar a defensa nas 24 horas seguintes. De non ser factible, o presidente/a convocará de novo o acto de defensa da tesis de doutoramento nos térmos fixados no Regulamento de Estudos de Doutoramento da UVIGO.
Os membros do tribunal deberán expresar a súa opinión sobre a tese e poderán presentar cantas cuestións e obxecións consideren oportunas, ás que o doutorando/a deberá contestar. Asímesmo, os doutores/as presentes no acto poderán formular cuestións e obxecións, e o doutorando/a deberá respostar todo esto no momento e forma que sinale o presidente/a do tribunal.